Hai uns días un compañeiro, un bo compañeiro, posto que amigo é unha verba moi forte e supón un contrato mutuo, co que algunha vez tiven diferencias, pero que fundamentalmente admiro pola capacidade que ten de que os alumnos o respecten como persoa, como profesor,… pois puiden comprobar a fonda pegada que deixou en cada un deles, e tamén naqueles que xa remataran a súa andaina polo Colexio, “sufriu” un ascenso.

Teño a tendencia a aledarme por tódolos éxitos dos meus amigos: uns ascenden, outros conseguen achegarse á súa casa ou a súa familia, aprobar unhas oposicións, ter familia,… Pero hai certas situacións que son diferentes: cando alguén marcha para algún traballo mellor (bon, o de mellor é un decir, posto que ás vegadas as responsabilidades convirten o traballo nun problema), deixa un valeiro diferente. A partires deste intre non terás máis discusións con esa persoa, nin momentos de achegamento, nin momentos nos que pedir consello ou poder falar daquelas situacións que te preocupan no traballo. Ademáis sabes que en moitos casos a relación personal supera a relación profesional e sabes que podes contar con el ou eles, cando a túa situación personal non é boa.

Probablemente, ainda que tiña clara a súa marcha, non me decatei ata onte, cando paseaba cerca do meu traballo e decateime de que a relación era diferente, e que non o atoparía saindo do traballo ou nos pasillos. Tamén foi un intre sorprendente aquel no que descubrín a emoción do meu compañeiro cando falaba das súas experiencias como profesor e da súa relación cos alumnos.

Eu, que son profesor de matemáticas, non sei se chegarei a poder decir que fixen algo bó polos meus alumnos. El si.

Espero que teña sorte e todo sexa como quere.

Gracias que esto non o lerá.Fisterra. A fin o camiño

Anuncios