Cando falamos de algo ou de alguén está ben definir os termos que imos desenrolar. Non hai diferencia entre este termo en caselán ou en galego. A verba, ou palabra, é responsable. Das tres acepcións naturais gústame a primeira. Ser capaz de responder de algo ou de alguén. Gústame máis porque etimolóxicamente deriva de responsum (resposta, “respuesta” en castelán).

Eu espero que me consideren responsable, os meus alumnos polo menos, posto que podo dar unha razón de cada unha das decisións que tomo sobre o desenvolvemento académico da materia. Tamén espero que me consideren responsable porque podo argumentar as sancións e as amonestacións que ás veces teño que tomar. Pero estou certo de que hai intres nos que non son responsable en absoluto, e supoño que iso dáse en tódolos eidos da miña vida: persoal e profesional. Hai intres nos que a tensión do momento, a incapacidade de autocontrol, a falla de perspectiva provocan unha reacción que non podo controlar, e moito menos xustificar… nese intre deixo de ser RESPONSABLE.

Cando iso sucede, o certo é que debería ser capaz de afrontar a miña irresponsabilidade e pedir perdón: “Perdín o control, equivoqueime, síntoo,…” Cando como persoa ou profesor son capaz de facer iso educo: amoso un camiño, dirixo a aquel que me observa, porque por moito que discutamos se somos instructores ou educadores o certo é que cada un dos nosos xestos, verbas, omisións e acertos, xustizas e inxustizas,… quedan gravadas na retina e na memoria de cada un dos nosos alumnos.

Sei que todo isto é discutible. Sei que hai compañeiros que todavía sinten que teñen a verdade absoluta nas súas mans, pero esta verdade absoluta non existe: nen sequera na miña materia… que llo pregunten a Gödel. Calquera que se sinta ofendido que tire a primeira pedra.

É unha sorte que probablemente esto o lean unha ou dúas persoas, porque así podo descargar todo o que sinto sen medo a que me critiquen. Pero tamén é certo que cando máis aprendo é cando escoito a cada un dos meus compañeiros que non pensan o mesmo ca min. Polo tanto… se alguén o mira, abúrrese e lle apetece contestar que o faga. A min non me molesta.

Anuncios